 
 
Aumenta o temor a un ataque turco á beira iraquí do Curdistán. Nos últimos meses o exército turco xa se pronunciou a favor dunha operación militar.
Alén das declaracións de altos mandos do exército turco, o propio ministro de Exteriores de Turquía, Abdula Gül, falou en datas recentes sobre un posíbel ataque ao Curdistán baixo a fronteira iraquí.   
  
  Neste tempo, Turquía reprochoulle aos Estados Unidos que non foran quen de controlar a actividade de milicias vencelladas ao Partido dos Traballadores do Curdistán, PKK, que o goberno turco asegura que se refuxian en territorio ao norte de Iraq para lanzar ataques cara á beira turca.   
  
  Este luns, o ministro iraquí de Exteriores, Hoshiar Zibari, organizou unha conferencia de prensa en Bagdad para acusar a Turquía de aumentar a presenza militar na zona, concentrando até 140 mil soldados cerca da fronteira con Iraq.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto