Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Implicados tamén outros concelleiros

A "falsa rebaixa" no soldo da alcaldesa de Sanxenxo

Desde o BNG din que os concelleiros do grupo de goberno (PPdeG) xustifican a diminución "falando de ingresos netos, mais non din que o que fan e incrementar a porcentaxe de retención".

Redacción - 13:30 13/08/2007

"O tema dos soldos do grupo de goberno no Concello de Sanxenxo, senón tivese a transcendencia que ten de cara ás arcas municipais, é de risa", afirman dende as filas do BNG no concello do Salnés.

Segundo denuncian os nacionalistas, a rebaixa do soldo da alcaldesa, Catalina González, non é tal, xa que na resolución adoptada polo grupo de goberno (PPdeG) "mesturan cifras e falan de ingresos brutos e netos, mais non din que o que fan e incrementar a porcentaxe de retención".

Así, por exemplo, "tanto a concelleira de Turismo como o concelleiro de Deportes ven incrementados os seus ingresos con esta 'rebaixa' pasando de cobrar 43.050 e 43.750 euros ao ano, respectivamente, a cobrar 43.400 e 44.100 ", afirman dende o BNG.

Aumento nas retencións

No caso deste dous mesmos concelleiros "pasan dunha retención inicial do 19,24% ao 27,18% e do 20,13% ao 28,09%, respectivamente". No resto dos edís do grupo de goberno a diferencia é maior e "máis escandalosa", xa que cobrando menos, aumentan a porcentaxe de retención, "caso único e a estudar nos libros de fiscalidade", polo que aínda que aparentemente semelle que cobran menos, o custe real para os cidadáns de Sanxenxo é maior, denuncian os nacionalistas.


Documentos

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: