 
Os editores van debater sobre os retos da era virtual: o e-learning, o coñecemento a través do Google e Second Life.
O Liber, a feira profesional do mundo da edición, concede os seus premios de honra a dúas iniciativas galegas de fomento da lectura, ao programa "Diario Cultural" da Radio Galega e mais ao xornal "Faro de Vigo", así como a un comunicador da televisión andaluza, Jesús Rodríguez Vigorra, presentador do programa “El público lee” e á Biblioteca Pública de Coaña, en Asturias. 
  
 Como en edicións anteriores, o libro galego ten presenza con stands profesionais das editoriais infantís Kalandraka e OQO, e de Nova Galicia, especializada en libros de arte. Tamén como noutras edicións a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia monta un stand institucional como apoio ás empresas editoriais galegas.  
  
  O programa de actividades desta edición do Liber, que ten como país convidado Perú, centrarase nos cambios que implica o entorno virtual para o mundo do libro, como o e-learning, a intervención de Google no acopio de coñecementos e as posibilidades que abre Second Life para o mundo da edición. 
  
  Liber 2007 
  
  Do mércores 3 ao venres 5 de outubro de 2007 
  Fira de Barcelona 
  Avda. Reina M. Cristina s/n – 08004 Barcelona
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto