Os vigueses Niño y Pistola teñen case listo o seu segundo álbum, que comezará a soar en xaneiro. Mentres, finalizan a xira de presentación de Como un maldito guisante.
 
				 
				
					 Pero a actuación de 
Niño y Pistola no Teatro Xesteira de Ourense (Venres 7, 23 horas) non é o único concerto da fin de semana. Destaca a chegada a Galiza dun novo grupo portugués, 
Fat Freddy, que xa actuara no noso país o pasado outono. Fat Freddy estará este venres en Vigo, na Fábrica de Chocolate, acompañados da banda de O Grove 
Les Telephones Rouges. O sábado 8 a cita será en Carballo, na Sala Reserva, teloneados polo coruñés 
Sr. Anido.
O venres teremos tamén a 
Elodio y los Seres Queridos (Cangas, Sala Sister Ray), que repetirán o sábado 8 en Allariz (Pub A Fábrica). Mentres, os grovenses 
Nadadora estarán o venres en Pontevedra (Náutico San Vicente) e o sábado en Sarria (Planeta).