O especial que prepara a TVG para emitir na noite do 24 terá a música como protagonista e ofrecerá algunhas propostas arriscadas e moitas sopresas. A revista 
Sono-Tone informa de que no programa, que se gravará o 13 de decembro, actuarán 
Projecto Mourente, con 
Como os Caranguejos, Ialma (o grupo de Verónica Codesal) interpretando 
Lévame, a versión galega de 
Under the Bridge dos Red Hot Chili Peppers, ou 
El Puto Coke, que subirá ao escenario canda ao MC suízo de ascendencia galega 
Gran Purismo, para cantar 
Par de Conde. 
Gran Purismo foi coñecido no Estado por colaborar con Violadores del Verso en 2001. Dende entón publicou dous ep's, o segundo deles publicado en 2006 coincidindo co 25 de xullo, e un álbum conxunto con 
Hazhe.
A gala estará chea de sorpresas e nela, os propios presentadores da TVG subiran ao escenario para cantar cancións en galego nunha caste de karaoke.