 
 
Chega á súa XIV edición a xornada Ponte nas Ondas, que une a rapaces galegos e portugueses na defensa do patrimonio cultural común.
 
											"Penso que o que sucede sobre o territorio é un texto; os pobos, as sociedades, escriben sobre o territorio. (...) ... e vexo tamén o territorio como ese libro en que ás veces se escribe ben e moitas veces mal". Con esta reflexión de Manuel Rivas, presentan desde Ponte nas Ondas o que este ano será o centro de interese da xornada escolar do 6 de xuño e cara á que xa levan tempo traballando numerosas escolas de Galiza e Portugal.   
  
  Deste xeito, a reflexión sobre a identidade e o territorio será nesta ocasión o obxectivo fundamental.  "Nesta Fisterra atlántica existe un modo particular de ver e de interpretar o mundo que ao longo do tempo produciu unhas prácticas sociais que deron lugar a expresións dun patrimonio común compartido por Galiza e o Norte de Portugal", expoñen os promotores do proxecto.   
  A XIV edición da Xornada de Comunicación Ponte nas Ondas e mais a VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa, foron presentadas este venres no Museo do Verbum-Casa das Palabras, en Vigo. 
  
  O convite da Unesco ao patrimonio galego-portugués 
  A xornada servirá ademais para seguir pulando pola inclusión das Tradicións Orais Galego-Portuguesas na futura lista indicativa da Unesco. Recordámoslles que, logo dunha primeira tentativa, a propia Unesco felicitou a calidade da iniciativa e animou a Ponte nas Ondas a recabaren todos os apoios necesarios e redeseñar a proposta para presentárena de novo en canto se abrise o proceso.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto