Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTE SÁBADO 28

Setenta artistas pintarán a canteira 'Juanita', en Carballeda de Valdeorras

O Certame de Pintura Rápida en Explotacións Mineiras celébrase por terceiro ano consecutivo.

Redacción - 12:50 28/06/2008

En edicións anteriores, a mina de San Fins (ano 2007), en Lousame, e a de Endesa (ano 2006), nas Pontes de García Rodríguez, foron os espazos onde se desenvolveu o concurso. Na presente edición o certame terá lugar o vindeiro sábado, día 28 de xuño, na canteira Juanita, en Carballeda de Valdeorras. Esta explotación, duns 150 km2, atópase no Penedo do Xudio.

O estilo, a técnica e os materiais que empreguen os participantes serán libres, e a temática das obras deberá estar relacionada coa contorna da mina. O certame dará comezo ás 10 da mañá e rematará ás 18.00 horas. As obras serán expostas nos propios cabaletes dos autores até as 20.00 horas para a valoración do xurado, integrado por Pedro Bueno Salto, Manuel Gandullo Nievas, Alfonso Costa Veiro, Ramón Astray Vázquez e Luis López "Gabú".

En total, repartiranse 6.000 euros: o primeiro premio está dotado con 2.000 euros; con 1.500 euros o segundo; e con 1.000 euros o terceiro. Contémplanse, asemade, 5 accésits de 300 euros de dotación cada un.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: