Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recluídas en templos

O Nepal recoñece o dereito das 'nenas deusas' a iren á escola

A metade das crianzas do país non teñen acceso á educación formal, e miles de adolescentes acaban prostituíndose na India.

Redacción - 13:30 07/09/2008
Imaxe dunha 'kumari'

Imaxe dunha 'kumari'

O Tribunal Supremo do Nepal recoñeceu finalmente o dereito das 'nenas deusas' ou kumaris (virxes) a asistiren ao colexio e a teren unha infancia normal. Pun Devi Maharjan, avogada e coñecida activista a prol dos dereitos humanos, leva loitando durante anos por esta sentenza.

"O Tribunal pediulle ao goberno que continúe coa tradición, mais sen que se violen os dereitos das kumaris, como a Educación ou a Sanidade, de acordo co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef)", explicou o vicesecretario do Supremo, Hemanta Rawal.

As nenas son seleccionadas cando teñen entre tres e catro anos -respondendo a unha tradición hinduísta-budista de máis de catro séculos- por posuír 36 virtudes que as fan "perfectas". Coa primeira menstruación, deixan de ser recoñecidas como divindades e son substituídas.

No Nepal -único estado confesional hindú do mundo deica hai tres meses- a metade das crianzas non teñen acceso á educación formal, e miles de adolescentes acaban prostituíndose na India. O novo goberno maoísta, que aboliu a monarquía, ten por diante un traballo arduo de reformas sociais.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: