Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito nos Balcáns

A ONU acepta que a Haia estude o recurso de Serbia sobre a independencia de Cosova

Albania e os EUA votaron en contra na Asemblea, a UE abstívose e o Estado Español foi un dos 77 favorábeis a postura do goberno serbio.

Redacción / EP - 09:30 09/10/2008

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aceptou que a Corte Internacional de Xustiza estude o recurso presentado por Serbia e decida se a independencia unilateral de Cosova é legal. A resolución aprobouse con 77 votos a favor, entre eles o do Estado Español, seis en contra e 74 abstencións.

Algúns dos representantes que votaron en contra foron Albania e os Estados Unidos, mentres que a meirande parte dos 27 da Unión Europea decidiron absterse.

A CIX pode tardar un ou dous anos en emitir o seu veredicto. Para Belgrado, a neutralidade do tribunal da Haia pode contribuír a reducir a tensión na área balcánica. Porén, os países que apoian a Cosova cren que dificultará a integración do novo estado independente na comunidade internacional.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: