Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xira do presidente asiático

China busca ser socio preferente das economías latinoamericanas

O ex mandatario cubano, Fidel Castro, saíu do retiro esta semana para recibir o líder chinés, Hu Jintao, que irá a Perú ao Foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico.

Redacción - 09:00 19/11/2008
Hu Jintao e Fidel Castro (Imaxe: Granma)

Hu Jintao e Fidel Castro (Imaxe: Granma)

A relación comercial entre América do Sur e China disparouse desde o ano 2000, indicando na actualidade unha balanza comercial que move máis de 27.700 millóns de euros en exportacións desde China ao tempo que 26.900 millóns en importacións chinesas desde o continente latinoamericano.

Nun momento en que as circunstancias xeoestratéxicas favorecen esa relación, logo da etapa Bush en Estados Unidos e sen unha vontade clara do novo líder electo dos EUA de priorizar a relación nesa dirección, o presidente chinés, Hu Jintao, chega de visita á zona. Con China convertida xa en socio comercial preferente de Cuba, o propio Fidel Castro aproveitou esta semana para unha aparición pública á beira do mandatario chinés.

Hu Jintao marcha a continuación ao Foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC), que ten lugar en Lima. Jintao chega á capital peruana pouco despois de que se dese a coñecer o informe estratéxico chinés para a relación con América Latina e o Caribe, un documento que pon de manifesto o interese do xigante económico mundial por esas xeografías e onde fala das oportunidades para o "beneficio recíproco e a ganancia compartida".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: