Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Do sábado para o domingo

Noite de disturbios en Grecia tras a morte dun mozo a mans da policía

Segundo as autoridades, os axentes dispararon para advertir a uns rapaces que atacaron un dos seus coches nun barrio de Atenas. As protestas multiplicáronse.

Redacción - 11:15 07/12/2008
Imaxe dos disturbios

Imaxe dos disturbios

O falecemento dun mozo de 16 anos, por causa duns disparos feitos pola policía na tardiña deste sábado prendeu a revolta nas principais cidades de Grecia, como a capital Atenas ou as cidades de Creta, Tesalónica, Ioannina e Komotini, onde grupos de activistas de esquerdas se enfrontaron ás forzas de seguridade do Estado con barricadas, pedras e cócteles molotov. Os enfrontamentos aínda continuaban na mañá do domingo, aínda que con menos intensidade.

O axente da policía grega acusado de dispararlle ao rapaz, agora detido xunto co seu compañeiro, revelou que só uso a súa arma para dispersar a un grupo duns 30 mozos que estaban atacando o seu vehículo, mais algunhas testemuñas sinalan que lle apuntou directamente ao falecido. O mozo morreu a causa de dúas feridas de bala no peito e no abdome.

O goberno promete castigar os culpábeis da morte do mozo
Na mañá do domingo, o ministro do Interior grego, Prokopis Pavlopoulos, presentou a súa dimisión, mais o primeiro ministro, Costas Karamanlis, non a aceptou, asegurando, ao tempo, que se vai investigar a fondo o incidente, e que os responsábeis do crime han ser castigados "de maneira exemplar". Tamén anunciou que o goberno pretende tomar medidas se volve acontecer un feito similar.

A loita entre os grupos de esquerdas e a policía comezou en Exarchia, un barrio de Atenas, na noitiña do sábado, após coñecerse a morte deste mozo. Así se soubo o que sucedera -con mediación dos medios locais-, comezaron a estenderse as protestas a outras cidades; horas despois, miles de manifestantes saían á rúa por todo o país. Nalguhas cidades, como a capital ou Tesalónica, as protestas derivaron nunha batalla campal contra a policía que durou toda a noite.

Máis información:


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: