O escritor e xornalista Camilo Franco pide un país que non cuestione constantemente a súa normalidade.
"Somos máis normais do que todos presumimos", di Camilo Franco. O xornalista e escritor súmase á reflexión de Vieiros sobre a realidade na que nos gustaría vivir. Segundo explica, "a pregunta sobre a normalidade implica anormalidade" e pide un país que non se autocuestione continuadamente.
Escritores, músicos, políticos, deportistas... ou profesionais de todo tipo estanse a sumar á iniciativa de Vieiros de reflexionar sobre o que é un país normal, cuestionando a realidade de Galiza e interpretando o lugar que lle correspondería nunha escala de normalidade. Incorpórate ao espazo de debate e achéganos a túa opinión.