Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Da xolda en Riazor e Pasarón

Estampas da romaría Irmandiña

De aquí nun ano agardamos repetir cita futboleira coa selección nacional. Até daquela, aquí lles deixamos unha escolma de imaxes. Vídeos no interior.

Redacción - 12:00 30/12/2008



Deporte e fútbol á parte, o que nos deixaron os encontros das seleccións masculina e feminina foi un gran ambiente, seareiros entregados e paixón irmandiña. As rúas que arrodean tanto Riazor como Pasarón viviron, minutos antes de cadanseu encontro, cánticos e berros de ánimo aos xogadores, ademais de reivindicacións varias a prol do recoñecemento nacional de Galiza. Exixencias políticas á marxe, o público foi enchendo ámbolos dous estadios e alentaron con gritos e cantos aos combinados galegos. Os goles foron acompañando e a festa xa non tivo remate.

Xa o dixo Nacho Novo, un dos heroes irmandiños, que asegurou estar moi contento de "verse rodeado da súa xente". Tamén para Vieiros falou Dani Abalo, quen formulou un desexo ao final do encontro: "que haxa máis partidos para a selección galega".

Homes e mulleres demostraron que en Galiza hai canteira abondo para adicarse ao deporte rei e os resultados acompañaron. Velaquí a crónica audiovisual do ambiente vivido no Galiza 3–Irán 2 e no Galiza 7–Illes Balears 1.


4,71/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Un momento do xogo entre as irmandiñas e o combinado balear
Un momento do xogo entre as irmandiñas e o combinado balear
Lance do xogo en Pasarón
Lance do xogo en Pasarón
Os seareiros encheron Riazor e Pasarón
Os seareiros encheron Riazor e Pasarón
Os cánticos e alento para os xogadores foi constante
Os cánticos e alento para os xogadores foi constante