Miguelanxo Prado, Siro López ou Margarita Ledo están entre as novas voces que nos achegan faragullas sobre a realidade na que nos gustaría vivir.
Sobre un país onde cousas como a preocupación e a implicación dos cidadáns a prol da cultura do seu país non fose noticia de portada senón simplemente "o normal", fálanos por exemplo o debuxante Miguelanxo Prado.
O tamén debuxante Siro López subliña o seu ideal de normalidade como o de aquel país onde a sociedade é quen de coidar "todo aquilo que é valioso", debullando desde aa "extraordinaria beleza paisaxística" ao idioma, pasando polo agro ou a arquitectura tradicional, cousas que, na súa opinión, estanse perdendo "de xeito irremediábel". Outra nova achega que vos convidamos escoitar é a de Margarita Ledo, recente Premio Nacional de Cultura no ámbito do Cinema e o Audiovisual, que nos conta dun país multicultural pero con "obxectivos comúns", nutridos polo espazo público tanto no aspecto material como no imaxinativo.
E o teu país normal? Cóntanos no especial de Vieiros Un país normal.