Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Cadro difundido en internet

De Napoléon a Michael Jordan, "Debatendo a Divina Comedia con Dante"

Atopa o éxito na rede unha orixinal creación pictórica, de inspiración renacentista, que xunta un cento de personaxes históricos.

Redacción - 12:30 19/03/2009
Tags: Dante pintura

"Discutindo a Divina Comedia con Dante" é o título da obra que poden ver a pé destas liñas. A orixinal creación veu gañando éxito en datas recentes en foros, bitácoras e corredoiras internáuticas diversas. A rede debate ademais sobre a identidade dos seus creadores, de momento aínda oficialmente anónimos, malia que os ruxerruxes máis fortes atribúenlles xa a autoría a tres pintores taiwaneses.

Con todo, a estampa xunta un ecléctico grupo de persoeiros históricos ao respecto dos cales, se lles presta, poden xogar a identificar. Apuntámoslles algúns dos que aparecen: Bill Gates, Napoleón, Michael Jordan, Gandhi ou Einstein.

Nesta información do Daily Mail poden atopar unha relación completa dos 103 identificados.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: