Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xesto histórico co apoio dos EUA

Despois de 47 anos de veto a OEA admite a Cuba

A Organización de Estados Americanos (OEA) derrogou a resolución que lle impedía o acceso. Con todo, o goberno cubano asegura non estar interesado en entrar.

Redacción - 08:00 04/06/2009

"É un día histórico e de reivindicación para os pobos da nosa América, a Asemblea Xeral da OEA derrogou sen condicións a resolución pola que se expulsou a Cuba desa organización", recolle un comunicado oficial deste mércores do goberno cubano. O executivo liderado por Raúl Castro asegura non estar interesado a curto prazo en volver a este foro, pero felicita o paso dado ao aceptaren que isto poida acontecer no futuro.

Na consecución deste novo escenario foi clave o cambio de posición dos Estados Unidos que, coa secretaria de Estado á fronte, Hillary Clinton, avalaron na asemblea da organización esta semana o permiso para a volta de Cuba á OEA. "Non queremos combater vellas batallas nin vivir do pasado e estamos a prol da construción dun mellor futuro para todas as Américas", expresou ao respecto o adxunto da secretaría dos Estados Unidos para Latinoamérica. Ao respecto, engadiu Clinton que o eventual regreso de Cuba á OEA debera producirse no marco do "cumprimento cos propósitos e principios da organización, incluído a democracia e os dereitos humanos".

Para ampliar:


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: