Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
24 E 25 DE XULLO

De Angola a Cuba pasando pola 'Grande Treboada', o Festigal xa está aquí

Son do Galpom, Chámalle Xis, Katembe Project, Descarga ao Vivo e Os Tres Trebóns encabezan a programación, acompañada de moitos máis actos.

Redacción - 19:00 06/07/2009

Na nova edición do Festigal a música será a protagonista, con concertos que ocuparán toda a entrada do Campus Sur de Compostela, a partir das once da noite o venres 24 e das dez o sábado 25. O primeiro día terá protagonismo galego, coas actuacións de Os John Deeres (finalistas de concursos como 'A Coruña Son' e 'GzCrea) e o funk e o reggae de Som do Galpóm; a noite pecharase con DJ Click Live, un francés especializado na fusión de jazz e world music con inflexións electrónicas; en vivo vai acompañado por músicos de Rumanía e dúas bailarinas xitanas balcánicasO sábado 25 os asistentes ao festival poderán viaxar polo mundo a través da música.

 A viaxe comezará en Cuba, co concerto de Descarga ao Vivo, que reúne a músicos galegos e da illa. A seguir chegarán os ritmos de Katembe Project, que traen dende Angola o Kuduro, unha mestura entre a música tradicional angoleña (semba, kizomba) e a música electrónica occidental (house, electro, techno). Finalmente, a noite pecharase con 'A Grande Treboada', o espectáculo de Os Tres Trebóns e Amighos.Ademais, como todos os anos haberá debates na Galería das Ideas, sobre 'O futuro da música galega', 'a crise económica, 'o dereiro ao aborto' e 'a lingua galega'.

Así mesmo, na Galería das Letras presentaranse varias obras, como "O natural é político", de Teresa Moure; "A perspectiva desde a porta" de Patricia A. Janeiro; "Nos camiños do entusiasmo" de Goretti Sanmartín; "Una monarquía protegida por la censura" de Iñaki Anasagasti; "A conciña de larpeiros", de Benigno Campos; "Piñeiro contra Castelao. Castelao contra Piñeiro" de X. C. Garrido; "Sobre o racismo lingüístico" da editorial Laiovento; e "O regreso de Ramón Lamote" (conversa con Paco Martín con Víctor F.Freixanes, Xosé A. Neira Cruz e Xavier Senín). Finalmente, poderá verse a exposición gráfica e audiovisual de Xan Leira 'Crónicas da represión lingüística'.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: