Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupación

A Casa Branca autoriza o envío de 13 mil tropas adicionais a Afganistán

Súmanse ao continxente de 21 mil soldados xa prometidos polo presidente estadounidense, Barack Obama, o pasado mes de marzo.

Redacción - 09:00 13/10/2009
A comezos de outubro había 68 mil

A comezos de outubro había 68 mil

A Casa Branca autorizou este luns nun movemento inesperado, o despregamento de polo menos 13 mil tropas adicionais a Afganistán, que se sumarían ao continxente de 21 mil soldados que o presidente estadounidense, Barack Obama, prometeu enviar o pasado mes de marzo.

O diario The Washington Post informa na súa edición dixital de que entre as tropas destinadas a combater a resistencia talibán incluiranse enxeñeiros, persoal médico, expertos de Intelixencia e policía militar.

A medida chega nun momento en que os Estados Unidos revisan a súa estratexia en Afganistán logo de que o comandante militar, xeneral Stanley McChrystal, alertase de que sen un reforzo de soldados, a misión estaba en serio perigo.

Este último envío de tropas fai que aumente a 34 mil a cifra total autorizada polo presidente estadounidense. A comezos de outubro había un total de 68 mil soldados, o dobre da cifra durante o mandato de George W. Bush. En Iraq hai uns 100 mil soldados, segundo fontes de Defensa.

A presidenta do Comité de Intelixencia do Senado de Estados Unidos, a demócrata Dianne Feinstein, mostrouse este domingo a prol de enviar 40 mil militares máis a Afganistán e cumprir coas recomendacións de McChrystal e dos expertos de Defensa da Casa Branca.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: