 
 
Os nacionalistas lembran que as oficinas comarcais son moi importantes para complementar os servizos existentes e darlle apoio a concellos que non contan con eles.
Os deputados nacionalistas Carlos Aymerich e Ana Pontón pedíronlle este martes ao Goberno que manteña en funcionamento todos os equipos das oficinas de Igualdade e Benestar. Lembran que as contas provisionais de 2010 non contemplan partidas para o mantemento de Igualdade e de Apoio ás familias. Dende o Bloque sosteñen que a desaparición destes equipos suporían un grave paso atrás en materia social  xa que estes equipos están complementando as carencias de servizos de moitos pequenos muncipios rurais.
O BNG tamén considera “especialmente grave” as declaracións de López Abella e subliña que quedou probado a existencia de procesos de selección de persoal transparentes.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto