Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Auditoría de Caixa Galicia e Caixanova

PPdeG: "Criticar a fusión non ten fundamento"

Para os populares confírmase que a decisión do Goberno en favor da fusión adoptouse baixo "criterios técnicos e rigorosos".

Redacción - 18:25 20/01/2010

"As críticas á suposta inviabilidade da fusión non teñen agora fundamento", teimou o voceiro de Economía do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy Fraga. Na súa opinión, e á luz da auditoría, non ten sentido que "algunha persoa que reside en Vigo siga mantendo un discurso que non é serio, senón baseado noutras cuestións, que son lexítimas, e que os cidadáns saberán xulgar no seu momento", dixo en alusión ao alcalde vigués, Abel Caballero.

Para Puy Fraga o informe "independente" da auditora avala a postura do Goberno a favor da fusión das caixas, ao tempo que " demostra que solvencia e galeguidade é posíbel". Advertiu o portavoz do PP que, con este aval, o Banco de España "non tería argumentos" para opoñerse" a unha alianza deste tipo se así decídese. "O grupo popular está enormemente satisfeito coa auditoría", manifestou , subliñando que a fusión será a "mellor solución" para Galiza e responderá ao mandato unánime do Parlamento, que defende que as caixas manteñan unha "vinculación especial co territorio".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: