Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN MARZO

O desemprego continúa a súa escalada por enriba das cifras estatais

O paro rexistrado incrementou en 2.278 persoas, un 0,97% e deixa a cifra total de desempregados en 236.449 galegos.

Redacción - 10:05 06/04/2010
No último ano, o paro aumentou en 24.965 galegos, é dicir un 11,8%

No último ano, o paro aumentou en 24.965 galegos, é dicir un 11,8%

O último mes de marzo deixou nas listas do paro a un total de 2.278 galegos máis. Así o desvelan os datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE), dados a coñecer este martes. Segundo esta estatística, o desemprego medrou nun 0,97% e a cifra total de parados xa suma un total de 236.449 persoas.

Nun ano, o paro aumentou en 24.965 persoas (11,8%)as que tiñan emprego en marzo do ano pasado e que, non obstante, hoxe están anotados las listas do antigo INEM. Estas cifras volven estar por enriba da media estatal, onde o paro rexistrado subiu un 0,87% (35.988 persoas con respecto ao mes de febreiro).

O sector que rexistrou máis desempregados foi o colectivo sen emprego anterior, con 1.030 parados máis. Séguelle o sector industrial, onde houbo 500 parados máis; o de Servizos (+441) e o da Construción (+428). Pola contra, no sector do agro houbo 121 parados menos.

Podes ler en Vieiros a información dos últimos meses:


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: