No desafío total para os candidatos a ghit 2010 xa hai en quen fixarse: o mestre Xil Ríos. O de Moaña apunta a triunfador dos escenarios deste verán.
Desde comezos de mes nos andeis discográficos do país pode atoparse o disco 'Son da alma'. Unha suxestión idónea para os que gustan de axitar as pernas sen complexo ao son do máis bailábel. O máis novo do moañés Xil Ríos, que ideou un conxunto de pezas coas que homenaxear as lembranzas de, cando cativo, miraba para as orquestras "alucinando" con eses ritmos caribeños que animaban as verbenas galegas.
PAI Música vén de presentar o álbume: "Cunha instrumentación sinxela Xil Ríos e o productor do traballo, Segundo Grandío, conseguen sacar un disco realmente potente, coa forza dos sons cubanos e toda a retranca e picaresca galegas nas letras". No vídeo a pé destas liñas poden ver o videoclip cunha das composicións: 'Xa caerá', todo un auténtico ghit de verán agora que asoman as primeiras calores primaverais. "Eu non te quero meniña, soiamente pra praceres!". Na web da discográfica tamén poden consultar unha breve entrevista co músico do Morrazo.