"Desta forma, queremos reiterar o noso apoio e adhesión incondicional a un proxecto de vital importancia para o noso país", din desde o club.
'Nacións candidatas. España&Portugal'
O Deportivo apoiará a candidatura ibérica o Mundial de fútbol de 2018 no equipamento que lucirá nas dúas últimas xornadas, este sábado ante o Mallorca no estadio de Riazor e a próxima semana ante o Athletic de Bilbao en San Mamés.
A elástica do equipo coruñés lucirá unha escarapela de apoio á candidatura conxunta das federacións de fútbol española e portuguesa, que aspiran a organizar o Campionato do Mundo dentro de oito anos, e onde A Coruña sería unha das posíbeis sedes.
O presidente deportivista, Augusto César Lendoiro, comunicou este venres vía fax á Federación Española e á Liga de Fútbol Profesional a decisión tomada esta semana polo consello de administración do clube.
"Desta forma, queremos reiterar o noso apoio e adhesión incondicional a un proxecto de vital importancia para o noso país por todo o que leva na actualidade un espectáculo do calibre dun Campionato do Mundo de Fútbol", sinala o fax do Deportivo segundo recolle a web do club.