Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comunicado de Causa Galiza

'A lingua galega precisa da soberanía nacional'

Co gallo do Día das Letras, o foro soberanista reitera o seu compromiso co galego e expresa o seu apoio a todas as iniciativas en chave normalizadora destes días no país.

Redacción - 10:00 17/05/2010

A continuación reproducimos o comunicado de Causa Galiza no Día das Letras:



A LINGUA GALEGA PRECISA DA SOBERANÍA NACIONAL

cándo remata un pobo?
un pobo nace sempre
non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

Uxío Novoneyra

Desde o foro soberanista Causa Galiza, co gallo da conmemoración do Día das Letras, adicado neste ano ao poeta nacional Uxío Novoneyra, quen foi un exemplo ao longo de toda a súa vida de nobreza e compromiso co País e co noso idioma, queremos, unha vez máis, remarcar o noso compromiso coa lingua galega, elemento fulcral da nosa identidade nacional, e que está a padecer un dos maiores ataques por parte dos poderes coloniais españois nos últimos anos.

Diante do proceso de subalternización e substitución do idioma alentado polos inimigos do País, que non é senón a parte máis visíbel da negación dos nosos dereitos nacionais, desde Causa Galiza manifestamos:

1º. A defensa dun País socialmente monolingüe en galego, no que os cidadáns e as cidadás poidamos desenvolver integramente todos os aspectos das nosas vidas na lingua nacional. Rexeitamos o proceso de substitución lingüística que, disfrazado de bilingüísmo e baixo demagóxicos argumentos pseudo-democraticistas, se nos intenta impor como parte da estratexia de destrución do Pobo Galego como suxeito político.

2º. É imprescindíbel a superación do actual marco xurídico-político e a conquista do dereito de autodeterminación para xerar as condicións democráticas necesarias  nas que a nosa lingua desfrute do status xurídico que merece como única lingua nacional.

3º. Apoiamos todas as iniciativas que se están a desenvolver na Galiza nestes días en chave normalizadora e de base, desde o convencemento de que a vontade política do Pobo é o elemento imprescindíbel e fundamental para a normalización e a vigorización da lingua galega, así como a comprensión da indisolúbel ligazón entre a supervivencia do idioma e a soberanía do pobo que a fala.

En Galiza, a 17 de Maio de 2010

———————————————–


A LÍNGUA GALEGA PRECISA DA SOBERANIA NACIONAL

cándo remata un pobo?
un pobo nace sempre
non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

Uxío Novoneyra


Do foro soberanista Causa Galiza, com o galho da comemoraçom do Dia das Letras, dedicado neste ano ao poeta nacional Uxío Novoneyra, quem foi um exemplo ao longo de toda a sua vida de nobreza e compromisso com o País e com o nosso idioma, queremos, mais umha vez, remarcar o nosso compromisso com a língua galega, elemento fulcral da nossa identidade nacional, e que está a padecer um dos maiores ataques por parte dos poderes coloniais espanhóis nos últimos anos.

Diante do processo de subalternizaçom e substituiçom do idioma alentado polos inimigos do País, que nom é senom a parte máis visível da negaçom dos nossos direitos nacionais, da Causa Galiza manifestamos:

1º. A defesa dum País socialmente monolíngüe em galego, em que os cidadáns e as cidadás podamos desenvolver na íntegra todos os aspectos das nossas vidas na língua nacional. Rechaçamos o processo de substituiçom lingüística que, disfarçado de bilingüísmo e sob demagógicos argumentos pseudo-democraticistas, se nos intenta impor como parte da estratégia de destruiçom do Povo Galego como sujeito político.

2º. É imprescindível a superaçom do actual quadro jurídico-político e a conquista do direito de autodeterminaçom para gerar as condiçons democráticas necessárias nas que a nossa língua desfrute do estátus jurídico que merece como única lingua nacional.

3º. Apoiamos todas as iniciativas que se estám a desenvolver na Galiza nestes dias em chave normalizadora e de base, desde o convencimento de que a vontade política do Povo é o elemento imprescindível e fundamental para a normalizaçom e a vigorizaçom da língua galega, assim como a compreensom da indisolúvel ligaçom entre a supervivência do idioma e a soberania do povo que a fala.

Na Galiza, em 17 de Maio de 2010


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: