"Está en xogo que a desafección se converta en profunda frustración e poida dar argumentos a aqueles que queren dar a ruptura", advertiu.
O presidente catalán, José Montilla
O presidente da Generalitat de Cataluña, José Montilla, reclamou este luns ao Senado que reactive "con carácter de urxencia" a renovación dos catro maxistrados do Tribunal Constitucional que remataron o seu mandato en decembro de 2007. Logo da súa alocución en catalán, tamén falou en castelán, éuscaro e galego.
Na súa comparecencia ante a Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado, Montilla defendeu que o Tribunal Constitucional "fracasou" no seu obxectivo de ditar sentenza sobre o Estatut de Cataluña. Está "perdido nun labirinto" que "podería lastrar o conxunto do país".
Montilla explicou que desde Cataluña non se pide que se cambien as regras do xogo para a renovación do alto tribunal, senón simplemente "que se cumpran" e que se teñan en conta as propostas de candidatos que remitiron todas as comunidades autónomas.
"Está en xogo que a desafección se converta en profunda frustración e poida dar argumentos a aqueles que queren dar a ruptura -advertiu-. Está en xogo o sentido do alcance do propio pacto constitucional, cando en nome da Constitución se pretende reverter o seu espírito".
Anteriores: