O dixital Galicia Confidencial adianta o nome das empresas beneficiadas pola resolución.
A Consellaría de Economía e Industria xa ten resolta a adxudicación de concesións para a instalación de centrais de biomasa. Segundo adianta o dixital Galicia Confidencial, a decisión publicarase nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia. Os anteproxectos aprobados serían os seguintes:
-Unión Fenosa Renovables: 10 Megawatios en Pino do Val e Mazaricos.
-Gestamp Biomasa: 10 Mw en Viveiro.
-Renova Generación de Energías Renovables: 10 Mw en Curtis.
-Xeración Rural: 10 Mw en Vilalba.
-Norvento Biomasa: Porbra de Brollón (5 Mw) e Verín (5Mw).
-Ence: 10 Mw en Lourizán (Pontevedra)
-Cespa: 5 Mw en Ribadavia.
-Enerxía Galega da Biomasa: 10 Mw en Ponteareas.
-Enerxías Renovables de Galicia: A Veiga (0,9Mw); Forcarei (2 Mw) e Cervantes (2 Mw)
Poden ver a información completa en Galicia Confidencial