Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A LINGUA EN RETROCESO NAS AULAS

Educación prohibe os programas infantís de inmersión nas cidades

A consellaría comunicoulles a 47 centros educativos que non poderán continuar con este modelo de aulas no vindeiro curso, aínda que os pais as demanden.

Redacción - 12:35 16/06/2010

O decreto aprobado polo bipartito permitía a inmersión lingüística en galego en Educación Infantil nas contornas urbanas, como medida para favorecer que os máis pequenos que teñen un contacto nulo co idioma do país o poidesen tre nas escolas. Esta posibilidade existía grazas á lexislación aprobada en 1995 polo goberno Fraga e que posteriormente foi desenvolta no decreto de 2007.

Algúns colexios de ámbitos castelánfalantes (por acordo da comunidade educativa) podían potenciar este modelo para garantir unha competencia mínima en galego dos rapaces de entre tres e cinco anos. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) lembra que xa o ano pasado a consellaría optou por eliminar as axudas económicas para este programa. Agora, Educación acaba de comunicarlle a 47 centros que mantiñan estes programas de que non poderán levarse a cabo no vindeiro curso.

Dende o STEG aseguran que “esta decisión non ten en conta a demanda constante de numerosas familias que constatan diariamente a imposibilidade de garantir o bilingüismo para unhas nenas e uns nenos que, a partires dos 6 anos terán que coñecer ben o galego  para comezar o ensino obrigatorio.”


3,94/5 (32 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: