 
Pretenden a conformación dun "espazo progresista" a prol da independencia e subliñan que se trata dunha aposta soberanista por vías exclusivamente pacíficas.
 
											Pello Urizar, secretario xeral de Eusko Alkartasuna
Un acordo que ten a dimensión política e social "para poder articular un espazo progresista en favor da independencia e poder así incidir de forma axeitada na dirección do necesario cambio político en Euskal Herria".   
  
  Así se define o pacto asinado por Eusko Alkartasuna e a esquerda abertzale este domingo en Bilbo, nun acto político onde desde os dous sectores se chama a unir forzas desde cadansúa experiencia política cara a creación dun Estado vasco. O documento quere servir como "instrumento táctico-estratéxico" para a suma de adhesións ao proxecto independentista e, nesa arela, supón un paso máis da esquerda abertzale no seu afastamento da ETA xa que chama ao traballo cara a esa meta por vías exclusivamente políticas.   
  
  O acto foi transmitido a través de internet en contou cunha ampla lista de convidados. Entre outros, desde Galiza representación do BNG, FPG e Nos-UP, ERC, CUP e Endavant (Cataluña); o Sinn Féin (Irlanda); N-VA (Flandres);  FMLN (El Salvador); FPLP (Palestina); BIC (Aragón); Corriente Roja (Estado Español) e IZCA (Castela).   
  
  Máis información nas webs de Eusko Alkartasuna e Ezker Abertzelea. Tamén nos diarios Gara e El Correo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto