Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANUNCIO

Varela asegura que o Panteón de Galegos Ilustres abrirá “en breve”

O conselleiro de Cultura afirma que a Xunta alcanzou un acordo co Arcebispado de Santiago e que asumirá o custe de mantemento e seguridade.

Redacción - 18:30 30/06/2010

Non haberá compra nin expropiación, tal e como exixía esta mesma semana o BNG perante o Panteón de Galegos Ilustres. A Xunta optou polo acordo e este mércores o conselleiro de Cultura, Roberto Varela anunciou que, “en breve”, se asinará un convenio co Arcebispado de Santiago que regulará a apertura “en menos dunha semana” do Panteón.

Segundo explicou despois de reunirse co vicario xeral do Arcebispado, Vitor Maroño, a intención da Xunta é “asumir o mantemento e a seguridade do Panteón”, se ben dixo que na xuntanza “quedou clara a titularidade da Igrexa” sobre o lugar no que repousan os restos mortais de Rosalía, Castelao, Alfredo Brañas ou Cabanillas.

“Chegamos a un acordo co vicario que permite abrir o Panteón e ese réxime de apertura formalizarase nun convenio que se asinará nos vindeiros días”, dixo Varela, quen apuntou que “en calquera caso o Panteón será o escenario da misa a Rosalía de Castro e as actividades tradicionais do vindeiro 25 de xullo. Porén, se ben asegurou que a apertura será “regular e diaria”, apuntou que “de momento, non se estabeleceron aínda cantos días estará aberto ao público”.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: