Unha decena de colectivos ecoloxistas organizou un roteiro no Pico Vello para amosar a súa disconformidade contra a mina de andalucita que unha empresa anglo-sudafricana pensa abrir.
Os colectivos Plataforma Ártabra 21, FEG, Club de montaña de Ferrol, Lapis Verde, Adega, Sociedade Galega de historia Natural, Fusquenlla, Verdegaia, Gerrilleiros das Fragas e o Concello de A Capela foron os organizadores desta marcha que pretendía alertar das consecuencias que a mina de andalucita traería sobre o ecosistema de Pico Vello. Este lugar de As Pontes e limítrofe coas Fragas do Eume posúe unha apreciada variedade de flora propia das fragas galegas.
Ademais este lugar da Serra do Forgoselo agocha o nacemento do río Belelle, un río que pode verse en perigo de se levar a cabo o proxecto.
Un enclave cun alto valor paisaxístico está a piques de desaparecer polo afán predador de empresas estranxeiras. Ningún beneficio para o territorio galego; só destrución e unha clase política que considera que o progreso consiste no asentamento de empresas. Os pequenos beneficios obtidos hoxe, 50 empregos, serán ungha rémora no futuro, cando o ben máis preciado que Galiza ten desapareza por mor da avaricia dos empresarios.
foto:Miguel A. Fernández