Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Mourente, parroquia de Pontevedra, sen saneamento de auga

Queremos facer chegar a este espazo da Rede as demandas da parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, en relación a inexistencia de abastecemento e sanemanto integrais de auga na nos parroquia e aproveitamos para dar a coñecer a nosa web, http://www.mourenteunida.org

Enviada por mourenteunida mourenteunida o 26/10/2007 12:00

Queremos facer chegar a toda a comunidade internauta de Vieiros, a problemática existente na parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, unha das mais numerosas e grandes da capital do Lérez: a inexistencia absoluta de servizos e infraestructura de abastecemento e saneamento integral de auga. Trátase dun problema de salubridade que afecta a preto de 2500 persoas residentes nesa parroquia.Dende este canal da Rede queremos deixar constancia do noso problema e suliñar a posta en marcha da nosa web, http://www.mourenteunida.org, realizada co fin de dar a coñecer con máis detalle os aspectos fundamentais do problema e servir de canal de comunicación e participación de todas as persoas que queiran deixar a sua testemuña en relación a falta desta infraestructura básica.GrazasUn saudo cordialAsociación Veciñal Mourente Unida polo saneamento


4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mourente, parroquia de Pontevedra, sen saneamento de auga