Letras Galegas de 2010 para Uxío Novoneyra
Varios amigos do poeta Uxío Novoneyra decidimos facer honra ao seu legado literario e humanista reivindicando ante a Real Academia da Lingua Galega o Día das Letras Galegas de 2010. Con este fin, apelamos á cidadanía galega, e non só, que recoñece a súa obra e o seu pensamento como algo fundamental para abrir un debate ao redor deste inmenso escritor galego que foi Uxío Novoneyra. Pedimos a túa adhesión para que o 17 de maio de 2010 sexa homenaxeado dedicándolle o grande Día das Letras Galegas. Grazas.