Alí cando hai un animal en perigo ou se chama ós servicios municipais con ese fin, sexan estes policía, bombeiros ou recollida de animais, aparecen pronto e prestan a mellor axuda posible. Responden ás expectativas que deles teñen os veciños.
O venres pola noite, en Ourense, dous nenos solos na súa casa de Cabeza de Vaca, pedían axuda aos servicios municipais porque estaban vedo póla fiestra como un gato, que tiña sido envelenado, agonizaba diante da súa casa. Ninguén, responsable polo asunto, os atendeu.
Tamén nos chamaron a nos dicindo que xa o intentaran coa policía municipal, co Seprona e incluso cos medios de comunicación. Foi en van, como ninguén lles botou unha man para atender o animal, recorreron o noso teléfono.
Puxémonos en contacto coa policía municipal, o 092, e estes nos informaron de que estaban intentando todo o que lles era posible pero sen resultado.
Sabemos que hai pouco tempo o Concello de Ourense sacou unha ordenanza sobre a atención e regulamentación de animais na cidade. Publicárono nos medios e entrou en vigor.
Todo papel mollado. Segundo soubemos, non foi posible atopar a ningún responsable deste servicio para que acudira ao lugar e atendera o animal levándoo a un veterinario que lle aplicara un antídoto e lle salvara a vida.
Seica non aparecía nin o responsable do centro de recollida de animais, nin o veterinario, ni calquera que se fixera cargo do problema, nada. Como si os animais en perigo ou precisados de auxilio souberan cando é fin de semana e eses días non tiveran necesidade da tan minuciosa e articulada normativa que, a lo que semella e como outras moitas normas neste País de maltratadores, crueis e insensibles ao ben estar dos animais, foron redactadas polos poderes públicos para quedar ben fronte á galería, pero que crecen de medios e vontade de que se cumpran.
Desta maneira puidemos saber que, na cidade de Ourense, dous nenos poden ter mais sensibilidade e preocupación polos animais que tódolos servicios municipais dedicados a esa tarefa e aos que non lles importa que, eses mesmos nenos, asistan, impotentes e sen que ninguén os axude, ao cruel e bárbaro espectáculo da agonía dun gato abandonado, que foi envelenado por unha mala besta sen escrúpulos en dedicarse a tan macabra tarefa.
Hai un par de semanas un caniche deambulaba polo marxe da autopista preto de Porriño. Como no fomos quen de o coller, chamamos ao 062 e advertimos do caso pedindo que mandaran alguén porque o animal podería ser atropelado. Nin se nos ocorreu, nese intre, a posibilidade dun accidente (aínda que tamén podería ser) debido ó pequeno tamaño do animal.
A resposta do encargado nese momento de atender as chamadas, cos modos propios de un porteiro de discoteca, respondeunos que “en tal caso podería mandar alguén por si ocasionaba un accidente” e o seu ton indicaba ás claras que pouco se lle daba a sorte do pobre animal e facía cuestión de nós tamén o notaramos.
En tódolos colectivos hai de todo e poucas queixas temos da Garda Civil, pero parécenos que, antes de colocar a alguén atendendo ao teléfono, deberían ter en conta os seus modais, educación, consideración coas sensibilidades dos cidadáns, etc. e deixar aos sarxentos cuarteleiros para outros menestreis que non impliquen o trato coa cidadanía.
Por eso e por outras moitas cousas estamos a anos luz de distancia da Europa culta, civilizada e moderna da que pretendemos formar parte.