Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Unha ollada á discapacidade a través da música e o cine

  Cantantes e bailaríns coa cadansúa discapacidade son os pasaxeiros do roteiro desenvolvido na rodaxe dunha película feita durante unha engaiolante viaxe iniciática pola Arxentina.Todos eles saíron na xira de dous meses xunto ao músico e compositor León Gieco, foi quen imaxinar a posibilidade da realización desta road movie, e liderou a rodaxe do filme Mundo Alas que se estreou en Madrid, na Argencine 2009.

Enviada por NorbertoVarelaCalvo NorbertoVarelaCalvo o 26/06/2009 01:49

  Ao abeiro da mostra de cine Arxentino nomeada Argencine 2009, que se levou adiante en Madrid, nas datas do doce ao dezanove de xuño, os novos realizadores Fernando Molnar e Sebastián Schindel amosaron o traballo desenvolvido na rodaxe dunha película feita durante unha engaiolante viaxe iniciática polo pais, nun autocar de dúas plantas e cor rosado.

Os pasaxeiros desta andaina, cantantes e bailaríns coa cadansúa discapacidade, Maxi Lemos, ten unha parálise cerebral a que non lle deixa ler nin escribir, e obrígalle a fortes atrancos na súa relación coas persoas, Francisco "Pancho" Chévez, naceu sen brazos nin pernas e por mor destas eivas foi deixado polos seus proxenitores aos poucos días. Fican tamén, a cantante cega Carina Spina, o guitarrista Alexandre Davio, doente de hidrocefalia conxénita, a xuntanza de tango-danza, Amar, composta por raparigos ca síndrome de Down, e Damián Frontera quen baila dende a súa cadeira de rodas.

Todos eles saíron na xira de dous meses xunto ao músico e compositor Arxentino León Gieco, foi quen imaxinar a posibilidade da realización desta road movie, e liderou a rodaxe do filme Mundo Alas que se estreou na Argencine 2009, o compositor coñeceu algúns deles nos seus concertos, estes feitos que déronlle o ronsel da forte presenza dunha realidade á que ata eses intres non lle prestou atención, espertaron a súa inquedanza ao respecto da discapacidade, á que xeralmente lle viramos a vista, subliñou o compositor.

O filme que reflicte a tarefa desenvolvida durante o roteiro, os ensaios, os concertos, os sitios onde transcorre está historia de afinidade, paixón pola música, chea de contos e historias de agarimo e axuda entrámbolos personaxes. Coa finalidade que o filme contribuía á muda no desprezo que o xeito da discapacidade semella na meirande das persoas, a película chegara ás escolas maila televisión, no entanto os músicos e bailaríns, os realizadores Molnar e Schindel mailo compositor León Gieco, afoutados polo rebumbio que a estrea producira, botaranse ás estradas da Arxentina, nunha nova xira co fin de amosar o filme á maior cantidade de persoas.

No eido do proxecto considéranse o lanzamento dun libro polas músicoterapeutas Patricia Knopf e Silvina Mansilla, a mostra do filme nos países latinoamericanos, a edición da música da película en CD e DVD.

Por outra banda, a terceira mostra de cine Arxentino disposta pola comunidade de Madrid e o Instituto Nacional do Cine a as Artes Audiovisuais de Arxentina (INCAA), aviou unha homenaxe á actriz Ánxela Molina e o actor Arxentino Diego Peretti, aínda amosáronse outros filmes, curtas e documentais non estreados no eido comercial, así e todo a mostra Argencine 2009 ten por finalidade o ensino e o recoñecemento do salientable labor dos distintos actores e persoeiros do mundo da cinematografía de ámbolos dous países, maila a súa pegada nas novas xeracións, estréaa doutros filmes produto do traballo conxunto dos realizadores Arxentinos e Españois, a mostra viaxara á Arxentina que ficara coma sede no ano 2010.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: