Vieiros

Vieiros de meu Perfil


telegaita ou a utilidade do galego

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de telegaita ou a utilidade do galego

telegaita ou a utilidade do galego

a miúdo escóitase respeito de linguas de uso minoritario, coma o galego ou o euskera
"y para quñé sirve el gallego?" "el euskera, total, no sirve para nada"
pregúntome se algún dos 300.000 cidadáns da islandia se fai a pregunta correspondente...

Enviada por danielovalle88 danielovalle88 o 05/08/2009 12:07

a tales preguntas sobre a utilidade da nosa lingua, na galiza correspóndenos responder con outra pregunta, ou preguntas
>para que serven tódolos cadros do museio do Prado? (que dan cartos? máis cartos da o museo del real madrid e non hai cadro ningún)
>para que serve a poesía?
>para que serve a cabalgata de reis?
>para que serve o senado?
haivos ao parecer moitas cousas que non serven para nada, logo, de ser o galego unha delas por que habiamos de nos desprender dela?
pero para min non é ese o tema.
para min a resposta é que o galego serve para moitas cousas.
para o demostrar cun exemplo sinxelo tomeime a molestia de analisa-la programazón dunha canle autonómica collida ao chou de entre as das comunidades castelán falantes. tocoulle a castilla la mancha televisión [cmtv de eiquí en diante].
durante un día collido ao chou, é dicir, 24 horas de emisión, cmtv emite 7 horas 15 minutos de televisión de produción propia. cómpre destacar que deste tempo 1 hora e 15 minutos son repetición dun programa xa emitido ese mesmo día e media hora corresponde a cifras y letras, programa que se produce en conxunto para tódalas canles autonómicas [de feito o noso paco lodeiro de cifras e letras o apresenta tamén para telemadrid, ou cmtv].
durante ese mesmo día, a televisión de galicia [a primeira canle] emitiu nada menos que 15 horas e 45 minutos de produción propia. se ben destas, 4 horas e media eran repeticións, o eran de programas fóra da grella televisiva nesas datas.
tamñen hai que se fixar na calidade, non soio na cantidade. das seis horiñas [quitando repeticións] de producion propia que emite cmtv arredor da metade son informativos, mentres que na galega houbo ese día 8 horas de emisión de programas de produción propia [en primeira emisión, non repetidos] e aparte dos servizos informatios, é dicir: magacines, documentais, entretemento...
a que credes que se debe esta diferenza?
a mancha é unha rexión cunha riqueza [monetaria] similar ou meirande ca galiza, e fóra da tv autonómica élle ofrecida a mesma oferta televisiva que a nós.
non será a lingua propia o que marca a diferencia?
cántos millóns de euros move o feito de termos que crear contidos en galego para a televisión de galicia?
canta riqueza ten xerado o feito de se emitir na tvg 24 horas de tele en galego?
tradutores, guionistas, produtoras, dobladores, asesores lingüísticos, xornalistas ...
a pregunta de se é útil o galego ten resposta sinxela.
o galego sérvenos para termos na galiza unha industria cultural forte e potente: produtoras de medios audiovisuais, editoriais e un longo etcétera.
ou cantas editoriais manchegas me podedes nomear?
a industria cultural galega ten que ser un dos nosos maiores tesouros, e debera recibir tódolos apoios posíbais do goberno galego.
sr feijóo, en referencia as súas palabras nas que convidaba aos escritores en língua galega a se abrir ao castelán do mesmo feito que joyce escribera en inglés no canto de emprega-lo gaélico [neste senso remñitome á contestación que lle deu ferrín no faro de vigo, non hai máis que dicir (http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009072500_5_352000__Opinion-Exasperacion-galegofoba)]
penso que ése non é o problema.
os escritores en lingua galega teñen que seguir a escribir en língua galega.
o que si, a idustria editorial de galiza debera toma-la iniciativa e ser ela quen traduza ao castelán e ás demáis linguas do estado. por qué non poden ser as propias xerais ou galaxia as que publiquen en castelán aos nosos autores que tanto se traducen.
kalandraka de pontevdra xa o fai. edita libros fermosos para cativos -e non tan cativos- en galego castelán catalán e euskera. pódeselles ver na feira do libro de madrid cun posto ateigado de libros de cores detrás dunha morea de nenos capitalinos que turran de seus pais para que solten os cartos que, ao cabo, virán parar á galiza.
ese semella un camiño máis axeitado, non si?

http://paragoxe.wordpress.com


3,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: