Mar de Envero chegará a México da mano da cadea de establecementos máis importante do país azteca. Este coidado albariño venderase na sección gourmet de Palacio de Hierro, o exclusivo grupo que toma o seu nome do edificio onde abriu a su primera tienda en 1891.
A Quincena de Galicia terá lugar en outubro, coincidindo co inicio da tempada outono/inverno 2009 en 10 prestixiosas tendas de El Palacio de Hierro (7 na zona metropolita de México D.F, en Puebla, Monterrei e Guadalajara). Os productos que representarán á nosa comunidade nesta iniciativa da CEG, a Cámara de Comercio de A Coruña co apoio do IGAPE, sometéronse a un estricto proceso de selección para o que se desprazou en xaneiro José Ángel Sánchez- Aedo, director da división Gourmet de Palacio del Hierro.Ademáis, en setembro a adega santiaguesa foi invitada a participar nunha misión directa en México para buscar distribuidores alí que lles faciliten a entrada nese mercado onde o albariño destaca entre os productos galegos máis demandados. Sobre Mar de EnveroA pesar do difícil contexto económico, Mar de Envero conseguiu situarse nas cartas de preto dunha centena dos mejores restaurantes e tendas especializadas de Galicia, Asturias y País Vasco. Tamén está presente a través de distribuidores en Murcia, Cataluña e Comunidade Valenciana, e pronto estará no resto de España. Este albariño, intensamente aromático no que se aprecian aromas a froitas tropicais, notas de mazá e froitas de carabuña, é o primeiro dos viños elaborados pola adega creada polos santiagueses Manyo Moreira, Miguel Ángel Gómez e Breixo Reimóndez.Polo momento, elaboraron 30.000 litros desta primeira colleita, e pronto verá a luz a segunda. É un blanco monovarietal de uva albariña de Cambados, que se elabora partindo dunha maceración en frío para potenciar os mellores aromas primarios (os propios da variedade), e segue cunha fermentación a baixa temperatura, para conseguir unha maior complexidade dos aromas secundarios (relativos á fermentación). Termina cunha permanencia de máis de seis meses en depósitos de acero inoxidable sobre as suas propias lías (substancias sólidas acumuladas tras a fermentación, sobre todo restos de levadura, que ao rematar ésta morren, pouco a pouco vanse descomponiendo, aportando compostos moi interesantes, tanto en nariz como en boca), responsables de que o viño teña moita estructura no padal. Este audaz procedemento é o que o fai diferente.Mar de Envero é un viño moi estructurado, moi redondo, cunha interesante complexidade en aromas e dunha destacable graduación (consiguiuse que a uva acadase bastante maduración, e, polo tanto, maior concentración en azúcres). Unha das sorpresas que provoca en cata é que pode dar a sensación de que non é ácedo, cando o que acontece é que la acidez vese compensada por ese equilibrio que se acadou a través da elaboración.
Un momento máxico que inspirou o soño
Despois de elaborar en varias D.O de España, Manyo Moreira, decide regresar a Galicia, e comezar un proxecto propio convencido de que aínda non está do todo explotado o potencial vitivinícola da sua terra. Para iso conta con dous grandes amigos, Miguel Ángel Gómez, que tiña tras sí un longo percorrido no sector comercial, e Breixo Reimóndez, licenciado en Ciencias Empresariales que desenvolveu a sua carreira profesional na xestión de empresas.Tras un minucioso estudo de mercado, e ilusionados coa forza das ideas propostas por Manyo, os tres deciden materializar o soño en Mar de Envero, adega que xa está a piques de lanzar a segunda colleita do seu primeiro producto: un albariño sobre lías bautizado co mesmo nome.Mar de Envero, inspírase nun deses momentos máxicos que nos regala a natureza. Estando o elaborador da adega profundizando nos seus coñecementos sobre viticultura na subzona de Rías Baixas de O Rosal, viuse sorprendido por unha sobrecolledora imaxe pasando por unha zona de viñedos na que a superficie foliar de los emparrados situábase nunha cota inferior á do camiño. Iste follaxe extendíase de xeito ondulante, como facendo ondas verdes que se fundían no mar. Era en agosto, momento no que las uvas das videiras comenzaban a mudar de cor polo envero. De ahí o seu evocador nome, pois «envero» é como lle se denomina en enoloxía ao momento no que o froito acada a sua madurez, no que a uva dulcifícase e cambia a sua cor, tornándose nun só día amarelada a branca, e oscura a tinta. Os grans de uva gañan elasticidade e o acio adquire a sua tonalidade característica.