Transcorridos máis de trinta e dous anos dos feitos, un tribunal civil dispuxo a cadea a perpetuidade do Xeral Santiago Omar Riveros, xefe do acuartelamento de Campo de Maio no ano 1976, achárono culpable da detención ilegal, tortura e asasinato do mozo Floreal Avellaneda, a quen forzas do exercito e policiais detiveran no mes de abril dese ano na súa vivenda canda a súa nai, asemade o tribunal tamén ditou sentenza a outros cinco militares e policías vencellados aos feitos, pola súa complicidade, ou pola axuda na perda de pezas chave de proba dos crimes.
Transcorridos máis de trinta e dous anos dos feitos, un tribunal civil dispuxo a cadea a perpetuidade do Xeral do exercito Santiago Omar Riveros, xefe do acuartelamento de Campo de Maio no ano 1976, onde funcionou o meirande cárcere e centro clandestino de torturas nos tempos de ditadura Arxentina dos anos 1976 a 1983. Xunto ao militar destituído nos anos oitenta por mor dos xuízos da nova democracia canda o goberno do presidente Alfonsín, máis en liberdade dende o indulto do presidente Menen (1990), foron xulgados co acordo ás novas leis de derrogación dos indultos, ás que deu pulo o goberno do presidente Kirchner (2005), asemade o tribunal tamén ditou sentenza a outros cinco militares e policías vencellados aos feitos, pola súa complicidade, ou pola axuda na perda de pezas chave de proba dos crimes.
Tratase da primeira condena polos nomeados delitos de lesa humanidade, e xa é amosada como un caso espello, do que se ten as probas nos xuízos ás xuntas do nomeado "proceso militar" (1985) que os Avellaneda, nai e fillo, ficaron alí nos primeiros intres da súa detención á marxe da lei. No mes de abril do ano 1976, forzas do exercito e policiais detiveran canda a súa nai, na súa vivenda, ao mozo Floreal Avellaneda, alcumado "el negrito" que contaba daquelas só con quince anos, coa escusa de lles deran sinais do pai, a quen pescudaban, pola presunta pertenza ao partido comunista.
Ambos os dous foran levados axiña por diversos cuarteis e prisións clandestinas nos que padeceron fortes torturas e feros sufrimentos, o corpo vexado do raparigo Avellaneda foi achado aboiando nas augas do Río da Prata, a carón da costa do Uruguai, no mes de maio dese ano, a nai Iris Pereira, pasou dous anos detida ilegalmente e torturada, até que foi posta en liberdade no ano 1978.
Segundo a sentenza todo-los condenados polo crime cumprirán a cadea nun cárcere civil, na que fican detidos arestora, malia o seu desexo de facelo nun cárcere militar xa que dende o principio do xuízo rexeitan os tribunais civís, coa escusa que os feitos sucederan durante a guerra contra-la subversión máis eles só cumpriran ordes xerárquicas, o tribunal refugou así mesmo da solicitude de facelo nas súas vivendas, porén todos eles acadan máis de setenta anos, "debe considerarse primeiro a gravidade do delito por riba da idade ou o tempo da cadea" subliñaron os xuíces.
Así e todo o Xeral Riveros salientou que só entende dar razón dos feitos a súa familia, Deus e a Virxe , foi quen de amosar a súa condición de "non ditador" e "construtor da democracia", tamén pediu polos seus "dereitos humanos" e defendeu as accións das forzas armadas, na que nomeou "guerra revolucionaria contra-la agresión marxista", da acordo coas leis do goberno democrático (1975), lembrou a lei de obediencia debida, os perdóns e sostivo que actuou cumprindo as ordes dos seus xefes. Pola mesma banda cualificou aos delitos de lesa humanidade, como "feito abstracto", descoñeceu aos xuíces maila xustiza civil, cos que amosou non ter ningunha obriga, e pediu ser xulgado polo xuíz natural que é o Consello Supremo das Forzas Armadas, mailo código de xustiza militar, que foi derrogado hogano polo goberno da presidenta Cristina Fernández.
Máis aló que a defensa do Xeral foi quen de xustificar que o militar actuou en cumprimento das ordes dos seus superiores, o tribunal xustifica a condena nos feitos que o devandito Xeral coñecera os plans segredos da represión ilegal e aínda tivera a capacidade polo seu posto de xefe dunha unidade do exercito, de artellar os medios polos que executaranse as ordes dos seus superiores, mailo poder da decisión como se levaría adiante o cumprimento destas ordes.
O tribunal rexeitou toda-las alegacións dos axuizados, destacou a vixencia das leis de xulgamento dos crimes de lesa humanidade, maila falla de caducidade dos delitos, poren o paso do tempo, destacou a aldraxe de agochar e perder as probas dos feitos coa finalidade de atinxir a impunidade do delito, e o feito que cada un deles contribuirán, dende a súa posición de poder, á tarefa represiva á que cualificou como crimes regrados da maior magnitude, e que remataron coa morte da meirande dos detidos.
A condena pon aceso o xuízo a outros responsábeis, civís ou militares, polos preto de cinco mil detidos que deron cos seus osos nas celas e viaxaron polas corredoiras da morte no cárcere clandestina de Campo de Maio, dos que segundo as organizacións de loita polos dereitos humanos morreron, vítimas dos tormentos e das salvaxes condicións nas que ficaban amoreados, seica quiñentas persoas.