Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A ASOCIACIÓN XUVENIL XACARANDAINA MUDA A ASOCIACIÓN CULTURAL

A Asociación Cultural Xacarandaina medrou nos últimos anos, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estén incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior.

Enviada por Patri_Uzal Patri_Uzal o 09/10/2009 18:49

En 1978 nace a Asociación Xuvenil Xacarandaina co obxectivo de "educar para o mellor disfrute do lecer". Durante estes 30 anos a Asociación aumentou e medrou, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estén incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior, aínda que o espíritu segue sendo o mesmo co que foi creado, sendo unha entidade prestadora de servicios á xuventude. Debido a isto na Asamblea Extraordinaria realizada o 27 de setembro deste mesmo ano se elixiu a primeira Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina composta por 5 membros:

- Presidenta: Belén Mato Corral.
- Secretaria: Ermitas Vázquez López.
- Tesoureira: María Martínez Patiño.
- Vogal da sección xuvenil: Alejandro Fandiño Rodríguez.
- Vogal do grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina: Manuel Liste Morlán.

Cabe mencionar que a apertura da matrícula das Actividades de Tempo Libre da Asociación Cultural Xacarandaina xa comezou e continúa aberta, en horario de 10:30 h a 12:30 h pola mañá e de 18:00 h a 22:30 h pola tarde, de luns a venres.

Este ano conta con actividades de todo tipo e para todas as idades: folclore galego impartindo clases de baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto, acordeón, percusión e clarinete; artes plásticas impartindo clases de debuxo, pastel, óleo e acuarela; bailes latinos e salón; ximnasia de mantemento; encaixe de bolillos e guitarra.

As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en adiante. Para nenas e nenos de 3 a 6 anos, a Asociación conta cun programa lúdico-educativo que leva por nome "Gorechos", que toma como base a cultura galega e que presenta dous obxectivos principais: iniciar a aprendizaxe do folclore galego e das artes plásticas e escénicas e favorecer o desenvolvemento integral da nena ou neno, nos ámbitos motor, afectivo, cognitivo e social.

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar coa Asociación Cultural Xacarandaina para recibir máis información, achegámoslle, o teléfono e correo electrónico da mesma:

Asociación Cultural Xacarandaina ...........................................  981 277 315           
Correo electrónico ....................................................info@xacarandaina.com


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: