Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pendente do Senado

O Congreso arxentino aproba o casamento entre persoas do mesmo sexo

Despois dun longo debate, a cámara aprobou a reforma do Código Civil que permitirá as vodas, mais non a adopción a homosexuais.

Redacción - 09:57 06/05/2010

Arxentina está a un paso de ser o primeiro país de América Latina en legalizar o casamento entre persoas do mesmo sexo. A Cámara de Deputados do país aprobou de madrugada, despois dun prolongado debate, o proxecto de lei que autoriza o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. 126 votos a favor, 109 en contra e seis abstencións déronlle luz verde á iniciativa.

O texto modifica o Código Civil, que até agora só permite o matrimonio entre un home e unha muller. Porén, o proxecto non permite que os homosexuais adopten crianzas, porque a lei vixente impídeo. Agora o Senado ten a última palabra para aprobar a reforma.

En Arxentina xa se produciron cinco casamentos de parellas homosexuais pola vía xudicial, aínda que despois diversos maxistrados decretaron a anulación de todos os casamentos. Aínda así, o país foi pioneiro en consentir, o 28 de decembro de 2009, a primeira voda entre persoas do mesmo sexo de América Latina.

Antecedentes en México DF
Por outra banda, a cidade de México autorizou o pasado mes de marzo cinco casamentos entre persoas do mesmo sexo. A capital mexicana, que leva dende 1997 gobernada pola esquerda, aprobou en decembro modificacións ao código civil para permitir o casamento entre persoas do mesmo sexo, coa particularidade de que tamén autoriza a adopción.

Porén, a reforma do Código Civil do DF topouse coa oposición da Igrexa Católica e do goberno federal, que impugnou as reformas perante a Suprema Corte mexicana.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: