Italia, Inglaterra e Francia non son quen de pasar do empate, ao igual ca Portugal. A "favorita" selección española cae 1-0 fronte ao combinado suízo.
Ducias de miles de cidadáns indíxenas toman a Praza de Maio de Bos Aires, logo de 10 días de marcha por todo o país, para se entrevistaren coa presidenta.
Despois dun longo debate, a cámara aprobou a reforma do Código Civil que permitirá as vodas, mais non a adopción a homosexuais.
O ex ministro José Alfredo Martínez de Hoz estaba acusado, entre outros, da desaparición dun cidadán galego.
Vigo acolle este venres un acto, coincidindo coa presentación ante os tribunais arxentinos de datos de máis de cinco mil represaliados galegos polo franquismo.
A xustiza considera probado o seu papel represor na súa etapa como director do centro represor Campo de Mayo.
Asociacións a prol da recuperación da memoria histórica impulsan unha iniciativa que chama a atención sobre "o silencio cómplice" no Estado español.
Manuel Barros foi ex presidente do PP uruguaio e candidato ao Parlamento nas pasadas eleccións. O secretario de prensa dos 'populares' en Arxentina, Alexandro López Dobarro, designado para Bos Aires.
A mandataria da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, cambiou onte a varios dos seus ministros. De todos os xeitos, as mudanzas non fan prever grandes transformacións na política xeral do goberno.
Os expertos estiman que o pico máis alto pode chegar a mediados de xullo e alcanzar unha cifra que roldaría o millón de doentes.
As enquisas dábanlle o domingo unha vantaxe na elección de deputados no distrito máis poboado do país. Porén, de madrugada perdía por tres puntos.
Brasil comezou a facer controis médicos aos pasaxeiros británicos e españois.
Na última semana a área máis poboada do país sumou outro cento de persoas infectadas. Na actualidade hai máis de 200 casos diagnosticados na capital.
Falamos con Fernando González Laxe, ex presidente da Xunta; Xosé Crespo, alcalde de Lalín; e Lois Pérez Leira, sindicalista galego-arxentino da CIG.
Tiña 82 anos, e sufría un cancro de pulmón. Durante os seus seis anos de mandato, entre 1983 e 1989, foi recoñecido por levar os torturadores ante a xustiza.
Organizacións sociais concéntranse na Praza de Maio, 33 anos logo do golpe militar, para pedir dilixencia nas causas por delitos de lesa humanidade.
O líder do PPdeG sae de xira cara a terras arxentinas e uruguaias, onde xa se convocaron os "Almuerzos de la victoria".
O británico Richard Williamson, ao que Bieito XVI levantou a excomunión en xaneiro, deberá abandonar o país en dez días.
Entrevista de Débora Campos co nacionalista, de visita en Bos Aires e Montevideo para lles achegar aos galegos da diáspora o programa electoral da formación.
O violento accidente produciuse nas aforas da capital arxentina. Unha crónica de Débora Campos.