Vieiros

Vieiros de meu Perfil


enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de
Colabora co Plan de comunicación 2.0 da Fundación CEER
30/06/2009 14:56

Colabora co Plan de comunicación 2.0 da Fundación CEER

A Fundación CEER constituida polas universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, UTAD, Minho, Porto e a Xunta de Galicia naceu co obxectivo de incrementar as relacións entre as universidades galegas e do Norte de Portugal. O desenvolvemento de redes e o establecemento de sinerxías é un obxectivo prioritario para o Centro de Estudos Eurorrexionais


XIV Asalto Irmandinho em Vimianço-Vimianzo
26/06/2009 22:27

XIV Asalto Irmandinho em Vimianço-Vimianzo

O día 4 de Julho, terá lugar a XIV edição da Festa do Asalto Irmandinho ao castelo dos Moscoso, em Vimianço, Terra de Soneira, Costa da Morte, organizado pola associação AXVALSO
Mais informações no blogue http://asaltovimianzo.wordpress.com


Vigo Yeyé - Unha parte da nosa historia.
26/06/2009 12:32

Vigo Yeyé - Unha parte da nosa historia.

Volve Vigo Yeyé, o próximo 3 de xullo ás 22:30h, Vigo vestirase coas cores hippies dos anos 60 para acoller un Gran Festival de Conxuntos Yeyés, no Teatro Sala de Concertos do Cento Cultural Caixanova. Presentado por Manuel Manquiña, este festival contará coas actuacións dos grupos dos anos 60 reunidos por primeira vez, corenta anos despois, para tocar en directo nun espectáculo entrañable, ameno e nostálgico que conxugará os novos elementos multimedia para a visualización de videos, entrevistas e recortes de quella época, coas actuacións dos grupos.


26/06/2009 01:49

Unha ollada á discapacidade a través da música e o cine

  Cantantes e bailaríns coa cadansúa discapacidade son os pasaxeiros do roteiro desenvolvido na rodaxe dunha película feita durante unha engaiolante viaxe iniciática pola Arxentina.Todos eles saíron na xira de dous meses xunto ao músico e compositor León Gieco, foi quen imaxinar a posibilidade da realización desta road movie, e liderou a rodaxe do filme Mundo Alas que se estreou en Madrid, na Argencine 2009.


26/06/2009 01:29

O desemprego e o calote da economía

  O gran engano e o calote económico que esta levando adiante o novo Goberno da autonomía, no entanto deixa pasar a mantenta o tempo, e a mellora das políticas de protección ao desemprego non chegan. A xestión serodia das diferentes solucións a prol da mellora das axudas aos parados que esgotaron o paro por cotización, os maiores que aínda non chegan a idade de xubilación, os desempregados de longa duración e con atrancos para acceder ao emprego, coma é o feito das persoas minusválidas.


Novo e-Estraviz em linha
25/06/2009 00:03

Novo e-Estraviz em linha

O professor Isaac Alonso Estraviz acaba de dar o visto à nova versom do mais importante e completo dicionário galego na rede, e um dos mais importantes das línguas românicas, o e-Estraviz. Esta nova versom, como a anterior, é de livre acesso e vai dirigida a todas as pessoas que trabalhem com a língua, independentemente da sua preferência normativa.


Algunhas vantaxes da rede social galega CABOZO.COM para os internautas galegos.
24/06/2009 20:48

Algunhas vantaxes da rede social galega CABOZO.COM para os internautas galegos.

A rede social galega CABOZO consolídase, pouco a pouco, como unha interesante alternativa galega a outras redes máis populares.


23/06/2009 21:47

e a nós, quen nos pregunta?

Carta aberta de 20 profesoras e profesores do IES Illa de Arousa.


I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0
23/06/2009 20:20

I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0

12 lúas Proxecto Cultural de Arte, Internet e CC organiza o I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0


23/06/2009 11:22

Carta dunha estudante ao conselleiro de Educación

Achegámoslles unha carta enviada desde un colexio de Nigrán.


22/06/2009 10:59

"Banderas a medio cuerno"?

Será certo o que leio num meio defensor do "español"? Pertencerá aos GaBis o autor de tamanho titular?


19/06/2009 13:17

IX Foliada e Romaría do Lecer da A. X. Xacarandaina

A Asociación Xuvenil Xacarandaina organiza o vindeiro sábado 20 de xuño unha Foliada e o domingo 21 a IX Romaría do Lecer no Paseo das Pontes da Coruña


Selectividade reivindicativa: o estudantado co galego
18/06/2009 02:35

Selectividade reivindicativa: o estudantado co galego

Estudantes de bacharaleto e universitarios únense na defensa
da lingua durante as probas de selectividade.


17/06/2009 13:34

Un roubo á xuventude e un fracaso escolar

De novo o alcalde Pontedeume informa (La Opinión) da autorización que a Consellaría de Educación outorga para facer uso do campo de fútbol dun instituto como aparcadoiro para coches. Esta vella idea merece o rexeitamento da comunidade educativa por ceder un espazo de uso escolar para aparcar vehículos durante o verán, período que se extendería robablemente á calquera época vacacional.


PATRICIA NOGUEIRA ESTREA EN A CORUÑA “SAN SALVADOR. PRESOS EN CELANOVA”
16/06/2009 19:05

PATRICIA NOGUEIRA ESTREA EN A CORUÑA “SAN SALVADOR. PRESOS EN CELANOVA”

O acto terá lugar ó día 25 de xuño as 20:00 hras. no Museo de Arte Contemporáneo UNION FENOSA “MACUF”


Novo CD coa música do espectáculo dá Nova Galega de Danza
16/06/2009 18:33

Novo CD coa música do espectáculo da Nova Galega de Danza

Tradicción é o título do CD que inclúe as músicas do ultimo espectaculo dá Nova Galega de Danza, e que foi presentado hoxe na Coruña, e que xa está á venda.


Centros Sociais disponibilizam livros da Academia Galega
14/06/2009 16:44

Centros Sociais disponibilizam livros da Academia Galega

São os três livros mais o DVD que a Academia Galega da Língua Portuguesa está a distribuir entre os três locais sociais com os que tem agendado as primeiras visitas. Entre eles está o GALIZA: LÍNGUA E SOCIEDADE que será apresentado em Ourense e na Crunha os próximos dias 17 e 18 de junho.


13/06/2009 12:14

irregularidades nas listas de vinculación temporal dcto. 37/2006 da Xunta

por que se abriron as listas no dec do 2008 e para que?


11/06/2009 17:11

Ameazas de ilegalidade sobre o reparto dos trítipcos dos Equipos de Normalización

Torpedeanse os Equpipos de Normalización, mentres Galicia Bilingüe reparte follas nas saídas dos colexios.


A POLO AÑO NEGRO ALBINO DO PARROQUIAL DE BILLARDA!!
11/06/2009 11:25

A polo año negro albino do parroquial de billarda!!

Iste domingo 14 chega o mítico torneo de Billarda que enfrenta nas terras do concello de Barreiros (LUGO) ós combinados parroquiais  de todo o país con presenza de equipas da Conferencia Sur, a NorOeste , a NorLeste e dos irmáns de Asturies de Campeonatu . Tres pista simultaneas para as series clasificatorias da mañan , dende as 10 h o espectáculo absoluto da billarda invade as pistas de Celeiro de Mariñaos, Vilamar e San Bartolo para desputar as series finais no serán , a partires das 16:30, na pista central de Celeiro de Mariñaos.



Enviar unha nova

Como vai isto?

O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.

Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.