Escoito con satisfacción e leo con agrado nos diversos medios de comunicación a proposta do novo Conselleiro de Educación de separar aos alumnos por aulas segundo o idioma que falen, galego ou castelán.
O secreterario comarcal da CIG é a maior preocupacion da UPG, forzar a súa dimisión é unha obsesión persoal do "Coronel" que polo seu talante impetuoso, non asume que Pintos montaralle un órdago que deixa en evidencia a súa presumida autoridade. O nervosismo reinante nas filas upegallas pon ao descuberto a verdadeira identidade desta formación, a democracia de linea branca coa que disfrazan as súas formas nesta ocasión deixou ao decubierto ao ferreo stalinismo que lles inspira
GALIZA necesítanos,o galego necesítanos, os galegos temos que estar máis unidos ca nunca..
Fincar as raiceiras galegas foi dende os alicerces o baseamento do grupo de música Xeito Novo, dende o feito de seren algúns dos seus integrantes fillos ou netos de galegos emigrantes. Herdeiros das anellas correntes migratorias ata os anos cincuenta do século pasado, na busca dun lugar onde levar adiante o seu proxecto cultural vencellado coas ensinanzas da música e a cultura tradicionais galegas. Hoxendía a súa actividade abrangue decote, a do propio grupo de música celta que proxecta ás distintas rexións de orixe celta de Europa, mailas cancións e as danzas da música tradicional galega. A fundación Xeito Novo abrangue o estudo das orixes das músicas, e a ensinanza da lingua galega, fornecendo a inmortalidade destas sinais de identidade da cultura de Galicia, coma afirmación da tarefa dos emigrantes galegos na sociedade Arxentina.
A plataforma Coristanco 2020 reclama o sitio da vila Bergantiñensa coma acolledora dos xogos Olímpicos de 2020. Polo de agora xa están a conseguir diversos apoios na rede.
Sobre as declaracións de Carlos Callón da MESA pedindo mais policia na manifestación do día das letras.
Ambos grupos, especializados no repertório de rock, blues e rythm&blues, compartirán escenário este próximo sábado na cervexaria coruñesa do polígono de Agrela.
Alí cando hai un animal en perigo ou se chama ós servicios municipais con ese fin, sexan estes policía, bombeiros ou recollida de animais, aparecen pronto e prestan a mellor axuda posible. Responden ás expectativas que deles teñen os veciños.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) comeza unha campaña para denunciar os despedimentos e a precariedade no sector da comunicación co lema 'Máis despedimentos, menos información'. Como primeira iniciativa, o SXG xa está a repartir gratuitamente centos de camisolas entre os profesionais do sector.
Vivimos nunha Iberia de película, e os actores máis profesionalizados de toda esta…parafernalia non son, precisamente, os que traballan nos teatros, no cine ou nas series de televisión, senón nos parlamentos, uns actores que non fan outra cousa máis que interpretar segundo un guión que outros escriben. A derradeira película que acaban de presentar a concurso no certame da loucura a que nos levan a todos, é a ilegalización de Iniciativa Internacionalista. Para estes tempos só hai un pensamento politicamente correcto, e ese pensamento politicamente correcto está canalizado en dúas siglas: o PSOE-PP nos carrís centrais e, se acaso, IU nas gabias laterais. Fóra desas siglas non hai estrada para circular.
Cartas de Pineiro a vultos reintegracionistas. Artigos sobre o Dia das Letras 2009.
Adicado a Anxo Lorenzo, novo Secretario Xeral de Política Lingüística.
Agradecementos a Goretti Sanmartín, normalizadora de calidade na UDC.
Para instalarmonos en galego cómpre Liberdade
O C.S. A Gentalha do Pichel solicita a ajuda dos galegos para continuar aberto após a campanha de ataques do Partido Popular contra o movimento associativo do país.
Literatura, música e memoria, nesta posta en escena coa presenza do escritor Manuel Rivas coma narrador, mailos músicos Marcos Meléndez, Gastón Rodríguez, Pulpiño Viascón. Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sábado 23 de maio 2009, ás 20:30 has. o aceso e libre e de balde
O cardeal Guillerme Vázquez Vázquez, de 57 anos, é o sucesor de Quin I na Avda. Rodríguez de Viguri. O purpurado pontevedrés conseguiu os votos necesarios para converterse no 3º Pontífice do BNG tras un día de deliberacións do conclave. Gobernará co nome de Guillerme I.
http://galiza-sosego.blogspot.com/
Este xoves 14 de maio Manolo Saez conversará sobre a RBis cos membros do grupo Imán e Sereos a partires das 11.00 no centro cívico do Casco Vello (rúa Oliva 12 de Vigo).
PRÓXIMA CONVOCATORIA: MÉRCORES 13 DE MAIO ÁS 18.30 DESDE A ESCOLA Á PRAZA DA CONSTITUCIÓN
Pronunciou a súa conferencia "A literatura que nace da rúa", no II Encontro da Cidade da Coruña, organizado polo concello da cidade, coa lema "Mulleres na literatura".
Sábado 16 de Maio: Actividades na Praza do Teucro tudo o dia e logo no Recinto Feiral Concerto de Balde: SKARNIO+SOMDOGALPOM+ATEQUE ESCAMPE+ CEBOLETAS ELÉCTRICAS. Máis info visitar o blogue da Revira
Nun espazo no que con regularidade cada ano o rural máis o interior arxentino amosan aos porteños as pegadas do seu desenvolvemento no agro e na gandaría, maquinaria e animais, hoxe é fogar da cultura onde fican os libros e expóñense as ideas, a feira do libro de Bos Aires, máis o eido das letras galegas, convértense nun refuxio e unha forte defensa do nome de Galicia, neste oco do mundo dende o día vinte e cinco até o vinte e nove do mes de abril, a feira que veu pasar aos persoeiros da edición, a escrita e a arte galega, aínda semella tender unha ponte entrambas-las dúas, a Galicia nai e a que está neste lado do mar.
O "Vieiros Aberto" é un lugar onde deixar a túa propia noticia. Se eres usuario rexistrado en Vieiros aquí podes facernos saber aquí de calquera actividade, suceso, reflexión, aviso ou información.
Por exemplo, desde este espazo e se formas parte ou simpatizas con algún colectivo social e che gustaría que a comunidade vieiresca coñeza puntualmente a súa actividade, ti mesmo podes subir as súas novidades. Se cadra queres destacar un artigo do teu blog ou da bitácora dun amigo. Ou mesmo contar dalgún evento interesante que aconteceu a pé da túa casa. E incluso achegar algo que viches na rede que cres que lle pode interesar aos demais. Ti decides. Estás no Open.Vieiros.